MUNICIPAIS 2023

Participa nas municipais de 2023!

Achéganse as eleccións e Agroma Sober imos con toda a equipación: pero nela… faltas ti! Si, ti, se tes ganas de participar, achegar, criticar… Se consideras que podes mudar o rumbo do Concello: querémoste en Agroma Sober. Por iso, coma sempre, o noso proceso de confección da candidatura será aberto. Se che apetece participar, aínda… Sigue leyendo Participa nas municipais de 2023!

traballo municipal

Propostas de Agroma no pleno de xaneiro de 2023

Trasladamos as seguintes cuestións ao Goberno Municipal. UN. Sobre humidades e necesidades da MARIOLA, espazo municipal e de xogo infantil. O espazo municipal de xogo A Mariola, que se utiliza para a celebración de cumpreanos dos nenos e nenas de Sober, sendo un servizo ben valorado, presenta moita humidade, de xeito que se chega a… Sigue leyendo Propostas de Agroma no pleno de xaneiro de 2023

orzamentos concello 2023, traballo municipal

Votamos en contra do Orzamento para 2023

O 4 de xaneiro de 2023 aprobouse o Orzamento do Concello de Sober para 2023, cos votos a favor do PP, abstención do PSOE e votos en contra das dúas concelleiras de Agroma Sober. O Concello continúa pendente da preceptiva Relación de Postos de Traballo, que nin se comezou a negociar co persoal, malia que… Sigue leyendo Votamos en contra do Orzamento para 2023

medio rural vivo, traballo municipal

Pedimos apoiar emprego local e investimentos en servizos básicos na «aldea modelo» de Francos de Proendos

Agroma Sober propón apoiar a creación de emprego local na aldea modelo de Francos de Proendos mediante actividades formativas e maior ponderación dos proxectos de xente da zona sobre os que poidan presentar multinacionais Agroma Sober pide á Xunta ampliación de crédito para actuacións de mellora en Francos de Proendos en 2022, xa que esta… Sigue leyendo Pedimos apoiar emprego local e investimentos en servizos básicos na «aldea modelo» de Francos de Proendos

traballo municipal

Resumo do pleno: 24 de novembro de 2022

A acta anterior foi aprobada por unanimidade. Aprobouse por unanimidade un expediente de modificación de créditos de 62.457,56 € para afrontar a suba do prezo da luz. Sácase de partidas que non se van executar en 2022, senón en 2023, como banquillos dos campos de fútbol ou a actuación na contorna da igrexa de Lobios.… Sigue leyendo Resumo do pleno: 24 de novembro de 2022

traballo municipal

Resumo pleno 29 de setembro de 2022

1. ACTA do pleno anterior. Votamos a favor; aprobada por unanimidade. 2. EXPEDIENTE DE ANULACIÓN DE DEREITOS RECOÑECIDOS E OBRIGAS. Trátase dunha depuración contable do Orzamento, que abarcou de 2010 a 2017. Aprobouse dar de baixa as operacións incorrectamente asentadas para - se non hai alegacións - ter a final do exercicio 2022 un remanente… Sigue leyendo Resumo pleno 29 de setembro de 2022

traballo municipal

Resumo Pleno 8 de agosto de 2022

Votamos A FAVOR dun expediente de modificación de crédicos, con informe favorable de intervención, que consiste en dotar de fondos obras de renovación de alumeado para facelo máis eficiente (fondos do Ministerio de Transición Ecolóxica) pendente de 2021 na que non se arrastrou crédito para o orzamento de 2022, polo que se quitan cartos dun… Sigue leyendo Resumo Pleno 8 de agosto de 2022

medidas urxentes

Agroma Sober pide unha web municipal renovada e un folleto que indique as empresas e servizos que ofrece o Concello

Chega o verán de 2022 e Concello de Sober continúa coa mesma páxina web, que leva máis de dous anos, desactualizada e cun deseño xa antigo. No Pleno de maio de 2021, Agroma Sober, rexistramos un rogo reclamando, unha vez máis, a actualización da información e a mellora da páxina web. Nesa data, hai máis… Sigue leyendo Agroma Sober pide unha web municipal renovada e un folleto que indique as empresas e servizos que ofrece o Concello

medio rural vivo, mocións

Diálogo e cooperación institucional para dar unha solución integral aos Chancís

Agroma Sober propón ao pleno que Xunta, Deputación e Concello deseñen un proxecto integral para o embarcadoiro dos Chancís, con solución para uso de catamarán e de pequenas embarcacións vitícolas e turísticas, accesibilidade e mellora xeral do contorno Sober, 25 de maio de 2022 Agroma Sober rexistra unha moción para a súa consideración como asunto… Sigue leyendo Diálogo e cooperación institucional para dar unha solución integral aos Chancís

traballo municipal

Necesidade urxente de arranxo da estrada Sober-Canaval

A estrada LU-P-5901, entre Sober capital e Canaval presenta deficiencias en todo o percorrido. Na zona á altura de San Martiño e a de Sistín do Mato presenta moito desgaste nun dos carrís, que pode estar relacionado con mala drenaxe de auga, pois tense bacheado algunha vez e en seguida volver estar estragada. No centro… Sigue leyendo Necesidade urxente de arranxo da estrada Sober-Canaval