Moción para instar ás administracións locais da Ribeira Sacra a tomaren medidas coordinadas para a acollida de persoas refuxiadas

AGROMA SOBER presenta unha moción para instar ás administracións locais da Ribeira Sacra a tomaren medidas coordinadas para a acollida de persoas refuxiadas.

Entre as medidas propostas: elaborar un censo de infraestruturas municipais con capacidade para acoller a persoas refuxiadas e en risco de exclusión social, instar á colaboración das Deputacións de Lugo e Ourense para acoller a 500 persoas refuxiadas na Ribeira Sacra, sacar dende a Xunta unha liña de axudas para habilitación de lugares abandonados na contorna rural para as persoas refuxiadas que se amplíe ás persoas en situación de exclusión social, instar a que se aumenten as transferencias extraordinarias aos concellos de acordo co esforzo de acollida, aprobar unha modificación de crédito urxente na para destinar a cooperación internacional, destinar o edificio municipal do bloque de vivendas sociais de Sober, do cal se valorou a intención de adicalo a albergue turístico, como espazo de acollida de persoas refuxiadas e en risco de exclusión, elaborar un censo de persoas dispostas á acollida de persoas refuxiadas.

Cremos que é fundamental a cooperación entre distintas administracións para facer posible a solidariedade e o cumplimento dos dereitos humanos.

Ademais, propoñemos que se inste ao Estado español á trasladar á Unión Europea e á ONU o estabelecemento dun documento análogo ao pasaporte Nansen ao que podan acollerse os máis de dez millóns de apátridas que existen na actualidade en todo o mundo, así como que se inste ao Estado español e a Unión Europea a prohibir a fabricación, importación e exportación de «concertinas» ou arame farpado que a empresa con sede no Estado español, European Security Fencing, está exportando para Hungría, Ceuta e Melilla e que conteñen unhas coitelas mortais, especialmente no modelo «concertina 22».

Todo o anterior debe ir acompañado da rotunda condena das intervencións militares e inxerencias imperialistas en Oriente Medio e norte de África, causas directas do drama da oleada de persoas refuxiadas de 2015, pois tememos que a “crise dos refuxiados” se aproveite para unha nova intervención militar imperialista en Siria.

A moción presentouse simultaneamente en Sober, por parte de Agroma Sober, e en Chantada, por parte de Por Chantada.

https://soundcloud.com/paulaverao/mocion-con-medidas-para-a-acollida-de-persoas-refuxiadas

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s