A regularización catastral: un novo roubo ao rural galego

2015-12-18 21.20.04

O pasado decembro de 2015, no local social de Canabal, Agroma Sober organizamos un acto sobre a regularización catastral que está levando a cabo o goberno central e máis un debate sobre a situación xeral do rural galego, ao que convidamos a Marga Prieto e Isabel Vilalba do Sindicato Lagrego Galego.

Este é un resumo das ideas principais xurdidas no debate, agardando que sexa de utilidade.

– O proceso de regularización catastral 2013-2016, promovido polo estado, consiste en dar de alta todo o que non o estaba; non se trata só de novas construcións non declaradas, senon sobre todo de construcións antigas, polo tanto, non ilegais.

– Por cada regularización dun inmoble págase unha taxa de 60 € (sexa cal sexa o tipo de ben), destinada a pagar ás empresas ás que o estado contratou a regularización. Supón unha especie de “multa” que se podería ter evitado se o estado tivera volcado datos de todas as administracións e logo abrir un prazo de regularización voluntaria. Ao non facelo, queda claro o afán recaudatorio do proceso, unido ao feito de que hai moitos valores catastrais moi por riba dos valores de mercado, que van á baixa no rural galego.

– No rural, o valor dos inmobles vai á baixa, pero as valoracións catastrais aumentan, o que supón máis carga impositiva.

– A actualización de valores catastrais á alza ten máis implicacións que o aumento do pago do IBI: para o IRPF os inmobles tributan en base ao valor catastral, o que pode influír, por exemplo, nas solicitudes de becas de estudos.

– Para os concellos, a regularización supón un aumento dos ingresos, porque ao aumentar o valor catastral recaudan máis por IBI, aínda baixando os tipos deste imposto. [Véxase aquí como quedaría a recaudación en Sober: https://unidadepopularsober.wordpress.com/2015/12/09/informacion-sobre-a-regularizacion-catastral-en-sober-e-a-rebaixa-do-ibi/] Por esta situación, os concellos, en xeral, non protestaron contra este proceso de regularización nin se uniron nunha fronte común.

– Os concellos teñen posibilidade de aplicar bonificacións e exencións do IBI.

– O proceso de regularización, nas zonas empobrecidas, como é a maioría do rural galego, supón un incremento impositivo que se une ás políticas de recortes e repagos que afunden cada vez máis ás persoas máis vulnerables.

– A situación do rural galego é alarmante (envellecemento e empobrecemento, cun 35,5 da poboación rural en risco de pobreza) e cérnense sobre el novas ameazas, como o Plan Sectorial de Actividades Extractivas, que califica un 62% do territorio como de uso preferente para actividades mineiras. Namentras, Galicia ten unha das Superficies Agrarias Utilizadas máis baixas de Europa (só dun 24%), pois moita Superficie Agraria Útil está adicada a eucaliptal, e a maior parte dos alimentos que se poden mercar nas grandes superficies comerciais galegas non están producidos aquí. Ademais, o 95% da terra está en risco de erosión!

A sensación é a de que se busca deliberadamente a decadencia económica e demográfica do rural galego para poder adicalo ao negocio das grandes multinacionais madeireiras, enerxéticas ou extractivas.

2015-12-13 17.56.12

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s