informe estradas provinciais, traballo municipal

Informe: estado das estradas provinciais en Sober

P1160397

En xeral, o estado das vías do Concello de Sober é deficiente – salvo excepcións -, con numerosos baches e tramos moi desgastados.

É unha dinámica xeral de todo o Estado Español. Nun estudo recente, a Asociación Española de la Carretera analiza o deterioro das rede viaria, que, ao seu xuizo, requeriría unha gran inversión para convertila en aceptable. Neste informe, o estado das vías galegas aparececalificado como deficiente.

Analizaremos a rede viaria do Concello no tocante ás vías de titularidade provincial que pasan polo termo municipal, trasladando estas conclusións e propostas ao Pleno do Concello de Sober, instando a que se eleven as propostas de mellora ante a Deputación de Lugo.

VÍAS PROVINCIAIS EN SOBER

– SOBER – DOADE: LU-P-5093
– SOBER – MONFORTE: LU-P-3201
– SOBER – CANAVAL: LU-P-5901
– CANAVAL-ROSENDE-ANLLO: LU-P-5902
– NEIRAS: LU-P-3205
– SOBER-GUNDIVÓS: LU-V-6031

– NECESIDADE DE LIMPEZA REGULAR DA MALEZA

P1160395

É unha dinámica xeral a falta de limpeza regular das beiras das estradas de titularidade provincial, que só se desbrozan unha vez ao ano, aínda que hai anos – coma o presente, de moita choiva en primavera – nos que manifestamente precisan maior mantemento.

A situación orixina perigosidade pola falta de visibilidade, sobre todo nos cruces, habendo tramos nas que a maleza invade parte da calzada.

A falta de visibilidade obrigou á propia veciñanza a facerse cargo do desbroce de cunetas no entorno de núcleos ou en cruces.

Entendemos que esta situación é tanto responsabilidade dos organismos provincial como do Goberno Local, que deben solucionar este problema reiterado de anos.

– ALTRA SINISTRALIDADE DA ESTRADA SOBER-MONFORTE E NA DE SOBER-DOADE

P1160399

Son unha constante os accidentes e saídas de vía no tramo de curvas perigosas da estrada Sober-Monforte LU-P-3201(cun accidente mortal este mesmo ano). Trátase dunha das vías de maior sinistralidade da provincia.

Foi un acordo plenario demandar á Deputación de Lugo a realización dun estudo e solucións para os tramos de alta perigosidade da estrada Sober-Doade LU-P-5093 (moción do concelleiro do BNG en setembro de 2014, aprobada por unanimidade; rogo reiterado por Agroma Sober en setembro de 2015).

– DETERIORO DO FIRME E BACHES

É unha constante en todo o termo municipal, existindo tramos moi desgastados e baches que levan moito tempo sen arranxar, agrandándose e facéndose máis perigosos.

Exemplos especialmente perigosos:

– Firme deteriorado na curva de San Martiño, previa á recta de Telleiros.

curva san martiño

– Gran deterioro da vía entre Canabal e Vilaescura, en parte por causa das obras da traída de Vilaescura.

IMG-20160716-WA0002

– Gran deterioro na zona da igrexa de Rosende e de aquí ata Lama dos Campos.

– Deterioro dos tramos entre Souto Novo e O Regueiral, en Pacios de Anllo e do Campo de Anllo á Carreira.

P1160402

– Gran deteriodo entre a rotonda de Pinol e o km 12 da estrada Sober-Doade, especialmente ao pasar por Lobios.

– Gran fochanca na LU-P-5901, entre Sober e Canaval, pasando Vilela en dirección Canaval, que se inunda nas épocas de choiva, resultando moi perigosa.

bache Vilela

– NECESIDADE DE REPINTADO DA ESTRADA SOBER-MONFORTE
LU-P-3201

Nunha das vías de maior sinistralidade da provincia, a pintura está case desaparecida, o que repercute negativamente na seguridade.

pintura estrada Sober-Monforte

– ARTERIA ESTRATÉXICA DO CONCELLO SEN REMATAR: SOBER-DOADE

A vía LU-P-5093, entre Sober e Doade, quedou sen rematar na rotonda de Pinol, ficando o tramo entre Lobios e Doade máis estreito e con tramos moi deteriorados.

O goberno provincial do PP non rematou esta vía e logo usou o tema como arma de tensión política contra o goberno bipartito da Deputación, que tampouco rematou a vía, salvo un arranxo do firme entre o km 12 e 13.

Esta estrada é un vial estratéxico para o municipio, pois enlaza puntos de interese turístico – sendo moi transitada no verán, con paso de autobuses – e zonas de actividade vitícola.

P1160408

– PERIGO EN TRAMOS DA ESTRADA SOBER-GUNDIVÓS

Cando en 2015 se arranxou a vía Sober-Gundivós, denunciamos dende Agroma Sober que o acabado resultaba perigoso para a conducción, ao quedar unha capa de rodadura moi ampla, o que pode motivar saídas de vía dos vehículos polo desnivel que queda dende o firme á cuneta, especialmente nas curvas.

Esto foi só arranxado nalgunhas curvas, pero quedan tramos onde continúa o problema.

– PREGUNTAS DIRIXIDAS AO GOBERNO LOCAL NO ORDINARIO DO CONCELLO (28 – XULLO – 2016)

1 – Reclamou e/ou vai reclamar o Goberno Local de Sober ante a Deputación o remate da estrada Sober-Doade entre a rotonda-cruce de Pinol e o cruce de Doade?

2 – Reclamou e/ou vai reclamar o Goberno Local de Sober ante a Deputación que se acometa un estudo sobre a alta sinistralidade da estrada de Monforte a Sober, especialmente nos tramos de curvas?

3 – Reclamou e/ou vai reclamar o Goberno Local de Sober ante a Deputación o acordo plenario de setembro de 2014 sobre raealización dun estudo e solucións para os tramos de alta perigosidade da estrada Sober-Doade?

4 – Comezou xa o Goberno Local coa revisión xeral por parroquias que indicou que se ía realizar, para proceder a acometer pequenas obras e mantemento xeral de camiños? En caso afirmativo, rogamos que se manteña informado ao Pleno.

– MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE AGROMA SOBER ANTE O CONCELLO-PLENO DE SOBER SOBRE MELLORA DAS CONDICIÓNS DAS ESTRADAS PROVINCIAIS NO CONCELLO
(PLENO: 28 – XULLO – 2016)

Polo exposto no informe anterior, o Pleno de Sober ACORDA:

1. Instar ao Goberno Local e á Deputación de Lugo a deseñar unha estratexia de mantemento da adecuada limpeza das marxes das vías de titularidade provincial.

2. Instar á Deputación Provincial de Lugo a considerar como investimento estratéxico en Sober o remate da estrada Sober-Doade.

3. Instar á Deputación Provincial de Lugo a facer un estudo sobre a alta sinistralidade da vía Monforte-Sober.

4. Rematar de corrixir o alto peralte da vía LU-V-6031, entre Sober e Gundivós.

5. Instar á Deputación Provincial de Lugo a proceder ao repintado da estrada Monforte-Sober.

6. Instar á Deputación Provincial de Lugo á reparación dos baches máis perigosos mentras non se realice un traballo de mantemento xeral. Especialmente:

* arranxar o bache e solucionar o problema de inundación da estrada no entorno de Vilela, na LU-P-5901.
* arranxar o firme na curva de San Martiño, previa á recta de Telleiros, na LU-P-3201.
* arranxar o firme nos tramos en torno a zona da Ponte, en Canaval (LU-P-5901 e LU-P-5902), na cal un dos baches se debeu a un problema da rede de saneamento municipal.
* arranxar o tramo da igrexa de Rosende da LU-P-5902.
* arranxar o tramo de Pacios de Anllo da LU-P-5902.

7. Instar ao Goberno Local a facer xa a revisión das vías municipais e á reparación de tramos máis perigosos, mantendo informado ao Pleno sobre estes traballos do Plan de Camiños Rurais.

AGROMA SOBER, VERÁN DE 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s