medio rural vivo, mocións, traballo municipal

Aprobada por unanimidade a nosa proposta de potenciar o sector da castaña en Sober

A nosa moción (ver aquí) para o impulso do sector da castaña en Sober e medidas de coidado de soutos e castiñeiros foi respaldada por unanimidade no pleno do 10 de outubro de 2018. En canto ao informe sobre as medidas de loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro, informouse dende a Alcaldía, que se… Sigue leyendo Aprobada por unanimidade a nosa proposta de potenciar o sector da castaña en Sober

Anuncios
mocións, traballo municipal

Moción municipal con medidas contra o “catastrazo”

Froito do debate na nosa xornada sobre o catastrazo, rexistramos esta MOCIÓN no Concello, coas seguintes propostas: 1. Instar ao Goberno Galego a, no prazo máximo de tres meses, cumplir o acordo unánime do Parlamento de Galicia do 22 de novembro de 2016 e acordar coa FEGAMP unha solicitude conxunta ao Goberno do Estado para… Sigue leyendo Moción municipal con medidas contra o “catastrazo”

mocións, resultados electorais, Sin categoría, traballo municipal

Unanimidade na reivindicación de melloras dos viais provinciais en Sober

A corporación municipal de Sober aprobou por unanimidade a nosa moción sobre melloras das estradas provinciais, co seguinte texto:   "A corporación municipal de Sober insta á Deputación Provincial de Lugo a atender as necesidades dos viais provinciais en canto a desbroce, repintad, bacheado, asfaltado, etc onde sexa necesario, atendendo aos informes que foron presentados… Sigue leyendo Unanimidade na reivindicación de melloras dos viais provinciais en Sober

mocións, traballo municipal

Aprobada moción a prol dos consellos de saúde de área e de Foro polos Servizos Públicos

A corporación municipal de Sober aproba por unanimidade a nosa moción para instar á Xunta á creación do Consello de Área de Saúde (organismo fundamental para a implicación da poboación na política sanitaria) e para apostar pola creación dun Foro polos Servizos Públicos na comarca. No curso do debate, evidenciamos que o PPdG admite que… Sigue leyendo Aprobada moción a prol dos consellos de saúde de área e de Foro polos Servizos Públicos

mocións, traballo municipal

Pola creación do Consello de Área de Saúde e dun Foro de Servizos Públicos na Ribeira Sacra

* Aquí en PDF: moción consello saúde. A loita das xentes do sur lucense pola preservación da capacidade de xestión da súa área sanitaria comarcal, con referencia no Hospital de Monforte, foi moi intensa nos últimos anos, sucedéndose as meirandes manifestacións cidadás das que se ten memoria na zona. A Xunta, gobernada polo PPdG, desoíndo… Sigue leyendo Pola creación do Consello de Área de Saúde e dun Foro de Servizos Públicos na Ribeira Sacra

mocións, traballo municipal

Moción para instar ás administracións locais da Ribeira Sacra a tomaren medidas coordinadas para a acollida de persoas refuxiadas

AGROMA SOBER presenta unha moción para instar ás administracións locais da Ribeira Sacra a tomaren medidas coordinadas para a acollida de persoas refuxiadas. Entre as medidas propostas: elaborar un censo de infraestruturas municipais con capacidade para acoller a persoas refuxiadas e en risco de exclusión social, instar á colaboración das Deputacións de Lugo e Ourense… Sigue leyendo Moción para instar ás administracións locais da Ribeira Sacra a tomaren medidas coordinadas para a acollida de persoas refuxiadas

mocións, traballo municipal

Para que se cubra de xeito estable unha praza de pediatría no Hospital de Monforte

MOCIÓN que presenta a voceira do grupo AGROMA SOBER, Paula Vázquez Verao, diante do Concello-Pleno de Sober para trasladar á Xunta de Galiza que se cubra de forma estable unha praza de pediatría no Hospital de Monforte. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O SERGAS obriga a pediatras do Hospital de Lugo a desprazarse ao Hospital de Monforte… Sigue leyendo Para que se cubra de xeito estable unha praza de pediatría no Hospital de Monforte