medio rural vivo, traballo municipal

Pleno extraordinario 4 de xullo: plan de prevención de incendios

1º punto - Pronunciamento sobre a urxencia do pleno. Por UNANIMIDADE acéptase a urxencia. 2º punto - Corrección de erros materiais no prego de cláusulas administrativas do contrato para recollida de lixo. O contrato que se vai publicar para concurso contiña erros materiais que o farían recurrible por calquera empresa. A nosa posición foi abstención.… Sigue leyendo Pleno extraordinario 4 de xullo: plan de prevención de incendios

Anuncios
traballo municipal

Pleno de organización: mandato 2019-2023

Deixámosvos aquí un documento co resumo de todos os aspectos tratados. No Pleno de Organización establécese o rexime de funcionamento do Pleno. Acordouse que as sesións ordinarias serán, como ata o de agora, os últimos xoves de cada mes impar. De outubro a abril, ás 19 h; de maio a setembro, ás 21 h. Ademais,… Sigue leyendo Pleno de organización: mandato 2019-2023

traballo municipal

Pedimos explicacións sobre a adega en construción na ribeira de Doade

* Rexistramos preguntas ao Goberno local sobre se comprobou que a obra se axusta ao proxecto presentado e, de non ser así, como e cando vai actuar, de ser o caso, para repoñer a legalidade. * Pediremos toda a documentación relativa á legalización da construción. * Dado o impacto visual e a alarma social xerada,… Sigue leyendo Pedimos explicacións sobre a adega en construción na ribeira de Doade

traballo municipal

Agroma Sober defendemos que se rebaixe o IBI este ano

Agroma Sober defende que se rebaixe o IBI este ano Agroma Sober pide unha convocatoria de subvencións para Asociacións en concorrencia competitiva, para garantir un reparto equitativo dos fondos Coa presentación dos Orzamentos 2019, o Goberno local incumpriu o compromiso de traer a Pleno os Orzamentos en prazo, isto é, antes de final de ano… Sigue leyendo Agroma Sober defendemos que se rebaixe o IBI este ano

traballo municipal

Sobre adega en obras na ribeira de Doade

No pleno de decembro preguntamos pola situación da adega en obras na ribeira de Doade. * Conta con todos os permisos pertinentes. A licencia de obra foi concedida pouco antes do inicio do procedemento de incoación de BIC da Ribeira Sacra. * A adega actualmente está legalizada. Fora constuída sen licencia hai uns 25 anos,… Sigue leyendo Sobre adega en obras na ribeira de Doade

medio rural vivo, mocións, traballo municipal

Aprobada por unanimidade a nosa proposta de potenciar o sector da castaña en Sober

A nosa moción (ver aquí) para o impulso do sector da castaña en Sober e medidas de coidado de soutos e castiñeiros foi respaldada por unanimidade no pleno do 10 de outubro de 2018. En canto ao informe sobre as medidas de loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro, informouse dende a Alcaldía, que se… Sigue leyendo Aprobada por unanimidade a nosa proposta de potenciar o sector da castaña en Sober

orzamentos concello 2018, traballo municipal

Aínda sen rebaixas nin bonificacións no IBI

Nun dos últimos plenos preguntamos polo IBI. Este imposto, como lembraredes, viuse notablemente elevado polo roubo da regularización catastral levada adiante polo Estado, que incrementou excesivamente o valor das edificacións no noso rural. Agroma Sober temos defendido que se acometan cambios para permitir bonificacións: - para persoas que acrediten mala situación económica, no caso da… Sigue leyendo Aínda sen rebaixas nin bonificacións no IBI