finanzas, transparencia

Carta ás asociacións de Sober

Bo día. Dende Agroma Sober queremos facervos chegar ás Asociacións culturais, clubes de fútbol, veciñais e agrupación de Comunidades de Montes a seguinte información. Dende Agroma Sober temos decidido que parte dos fondos percibidos no Concello para indemnizacións de custe dos e da concelleira nesta lexislatura 2015-2019 os adiquemos ao seguinte concepto: – Doazón ás… Sigue leyendo Carta ás asociacións de Sober

Anuncios
finanzas, transparencia

O destino principal das doazóns por asistencias será asociacións de Sober

Publicamos as doazóns de cargos políticos 2015-2017 e o destino no que decidimos empregalas. Iremos actualizando coas cantidades concretas para cada concepto segundo vaiamos acordando coas destinatarias. Doazón a causas sociais e traballo político (2015-2017): Doazóns de Paula Vázquez Verao: 1.759 €, dos cales, 724 € gastáronse xa en traballo político da Asemblea. Quedan: 1.035… Sigue leyendo O destino principal das doazóns por asistencias será asociacións de Sober

transparencia

Participa na decisión para as doazóns a causas sociais (I)

Tal como temos acordado e como é preceptivo, os fondos do Grupo Municipal Agroma Sober adícanse en exclusiva á actividade política local. Ademais, as asistencias percibidas polos concelleiros – que nos parecen excesivas tendo en conta os gastos que ten unha persoa concelleira en Sober – acordamos adicalas tanto a actividades locais como doalas a… Sigue leyendo Participa na decisión para as doazóns a causas sociais (I)

participación, transparencia

Balance do traballo en 2015

Dende que a candidatura de unidade popular Agroma Sober acadou dous escanos nas eleccións de maio de 2015, presentámosvos aquí o balance do noso traballo social e institucional en Sober, que tamén podedes descargar en PDF aquí: dación de contas ano 2015 - TRABALLO MUNICIPAL A concelleira Paula Vázquez Verao e o concelleiro Diego Xesús… Sigue leyendo Balance do traballo en 2015

transparencia

Contas claras: gastos de campaña

En AGROMA SOBER cremos na transparencia e en que para que as clases populares poidamos facer política libre se debe ter un financiamento que nos permita ser independentes e non servos dos poderes económicos. Por iso, facemos unha campaña con moi poucos medios e baseada nas achegas voluntarias de xente que desexe por o seu… Sigue leyendo Contas claras: gastos de campaña