medio rural vivo, mocións, traballo municipal

Aprobada por unanimidade a nosa proposta de potenciar o sector da castaña en Sober

A nosa moción (ver aquí) para o impulso do sector da castaña en Sober e medidas de coidado de soutos e castiñeiros foi respaldada por unanimidade no pleno do 10 de outubro de 2018. En canto ao informe sobre as medidas de loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro, informouse dende a Alcaldía, que se… Sigue leyendo Aprobada por unanimidade a nosa proposta de potenciar o sector da castaña en Sober

Anuncios
actos, medio rural vivo

En Marea reclama melloras no control ambiental dos ríos da comarca de Lemos

O Deputado e Deputada de En Marea no Parlamento de Galicia, Davide Rodríguez Estévez e Paula Vázquez Verao, e máis a Eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lidia Senra, visitaron, o pasado 7 de abril, os concellos de Sober e do Saviñao para coñecer o estado ecolóxico dos ríos. Da man de veciñanza… Sigue leyendo En Marea reclama melloras no control ambiental dos ríos da comarca de Lemos

medio rural vivo, traballo municipal

O pleno de Sober aproba moción para informar sobre fitosanitarios e loita integral

O pleno do Concello de Sober, na sesión ordinaria de maio, aprobou por unanimidade unha moción de Agroma Sober sobre os produtos fitosanitarios, que fica coa seguinte redacción: - Instar á Xunta de Galicia a impulsar campaña informativa no territorio da Ribeira Sacra sobre a normativa de uso e aplicación de produtos fitosanitarios, sobre os… Sigue leyendo O pleno de Sober aproba moción para informar sobre fitosanitarios e loita integral

traballo municipal

Moción contra a prórroga a ENCE en Pontevedra

MOCIÓN que presenta o Grupo Municipal AGROMA SOBER ante a Corporación Municipal do CONCELLO DE SOBER a través das súas persoas voceira e vicevoceira, Paula Vázquez Verao e Diego Xesús López González sobre prórroga concedida a ENCE na ría de Pontevedra. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Ningunha persoa galega con sensibilidade ecolóxica e social pode ser allea… Sigue leyendo Moción contra a prórroga a ENCE en Pontevedra