xerais 2016

Agroma Sober anima a participar na asemblea de En Marea do 15M

As candidaturas de unidade popular da provincia de Lugo e da Ribeira Sacra, redes nas que participamos para defendernos de problemas comúns, queremos un espazo de confluencia, de adscrición individual, para construír a verdadeira unidade popular en Galicia. Para esta fin de semana, vimos de acordar facer chamamento conxunto a participar na asemblea de En… Sigue leyendo Agroma Sober anima a participar na asemblea de En Marea do 15M

Anuncios
xerais 2015

Posición da candidatura AGROMA SOBER sobre as eleccións xerais de 2015

A asemblea da candidatura de unidade popular Agroma Sober decidiu non tomar posición por ningunha das candidaturas que se presentan para as eleccións xerais de 2015, animando a votar en contra do bipartidismo e do réxime. Reiteradamente fixemos chamados e intentos para a conformación dunha candidatura galega plural de unidade popular. Ao non acadarse esta… Sigue leyendo Posición da candidatura AGROMA SOBER sobre as eleccións xerais de 2015

xerais 2015

Vontade de artellar unha candidatura galega: debate en Monforte

Na xuntanza aberta pola candidatura galega ás Eleccións Xerais celebrada en Monforte este 27 de outubro, conviñemos nunha serie de conclusións, logo dun rico debate, que vos deixamos por aquí: - Coincidimos en que a gravísima situación social e as características específicas da crise no noso País, así coma os seus problemas estruturais, requiren un… Sigue leyendo Vontade de artellar unha candidatura galega: debate en Monforte

Sin categoría

A xeito de S.O.S. pola candidatura galega de unidade popular

As candidaturas veciñais ou de unidade veciñal, aínda tendo un carácter e vocación abertamente municipalista non podemos, nin queremos, ficar caladas ante un proceso de tanta transcendencia como as próximas eleccións xerais. Somos conscientes do seu carácter extraordinario e da enorme influencia que o resultado das mesmas vai ter na nosa veciñanza e en toda… Sigue leyendo A xeito de S.O.S. pola candidatura galega de unidade popular

galicia

Por un espazo unitario para conseguir unha candidatura galega de unidade popular

A asemblea da candidatura de unidade popular Agroma Sober, reunida en asemblea o 6 de outubro de 2015, e logo dun periodo de consulta online entre a xente que desexou participar no debate, acordou facer un chamado a partidos, candidaturas municipais e plataformas cidadás para que exista unha candidatura galega de unidade popular para as eleccións… Sigue leyendo Por un espazo unitario para conseguir unha candidatura galega de unidade popular

galicia, xerais 2015

Dende Sober, pola unidade popular que consiga unha candidatura galega para as eleccións xerais

A candidatura de unidade popular AGROMA SOBER naceu e funciona para un ámbito moi concreto que é o combate na política local nun Concello que sufriu o brutal abandono do rural dende os anos 80 e no que intentamos erguer alternativas para vivir xusta e dignamente aquí. Non obstante, as xentes de Sober non somos… Sigue leyendo Dende Sober, pola unidade popular que consiga unha candidatura galega para as eleccións xerais