municipais 2019

Carta aberta polo Pleno de Constitución ás doce da noite: contra a política-espectáculo

Carta aberta sobre o Pleno de Constitución da Corporación de Sober ás 00:01 h do 15 de xuño de 2019 Estimado Luis F. Guitián, compañeiro: As concelleiras electas de Agroma Sober valoramos coas nosas compañeiras e compañeiros de candidatura a posibilidade de non asistir ao Pleno de Constitución da Corporación, o que se celebrará ás… Sigue leyendo Carta aberta polo Pleno de Constitución ás doce da noite: contra a política-espectáculo

Anuncios
municipais 2019

Resultados das Eleccións Locais 2019

Agroma Sober sube en votos e mantén dúas actas, obtendo o mellor resultado dunha forza á esquerda do PSOE nunhas Eleccións Locais en Sober. Toca a responsabilidade de liderar a oposición. PP sobe un concelleiro; PSOE baixa un. Grazas!

actos, municipais 2019

Fin de campaña: grazas por todo!

Queremos agradecer a todas as persoas de Sober que nos apoiades: polos ánimos.polas ideas achegadas.polo traballo.polas críticas.polo apoio e voto. O domingo 26 as urnas ábrense e a xente decide; sitúenos onde nos sitúe, imos traballar por Sober, dende a xustiza social, a igualdade e o respecto ao medio. Nestes días recollimos ideas que non… Sigue leyendo Fin de campaña: grazas por todo!

municipais 2019

Unha equipa de 20 persoas para o futuro de Sober, coas mulleres por diante

Agroma Sober presenta ás eleccións de maio de 2019 unha lista de 20 persoas nas que as 11 titulares son mulleres. Decidimos ir a por todas para transformar este Concello, sendo a nosa prioridade aproveitar as potencialidades agrarias e turísticas para crear emprego de calidade en Sober, para termos futuro aquí. Decidimos darlle a volta á… Sigue leyendo Unha equipa de 20 persoas para o futuro de Sober, coas mulleres por diante

municipais 2019

Primavera feminista de maio en Sober (2019)

Unha candidatura para Sober de mulleres. Por que? Simplemente, porque somos cidadás con ganas de transformar as nosas vidas, a nosa sociedade, o noso mundo! O día que isto non sexa noticia, avanzaremos na igualdade. Na onda dos 8M, deste despertar feminista que mellorará a vida de todas (e de todos), propoñemos unha pequena-gran revolución:… Sigue leyendo Primavera feminista de maio en Sober (2019)