traballo municipal

Pleno de organización: mandato 2019-2023

Deixámosvos aquí un documento co resumo de todos os aspectos tratados. No Pleno de Organización establécese o rexime de funcionamento do Pleno. Acordouse que as sesións ordinarias serán, como ata o de agora, os últimos xoves de cada mes impar. De outubro a abril, ás 19 h; de maio a setembro, ás 21 h. Ademais,… Sigue leyendo Pleno de organización: mandato 2019-2023

Anuncios
medio rural vivo, mocións, traballo municipal

Aprobada por unanimidade a nosa proposta de potenciar o sector da castaña en Sober

A nosa moción (ver aquí) para o impulso do sector da castaña en Sober e medidas de coidado de soutos e castiñeiros foi respaldada por unanimidade no pleno do 10 de outubro de 2018. En canto ao informe sobre as medidas de loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro, informouse dende a Alcaldía, que se… Sigue leyendo Aprobada por unanimidade a nosa proposta de potenciar o sector da castaña en Sober

traballo municipal

Resumo do pleno ordinario: 2 de agosto de 2018

1. Esta sesión, que corresponde ao pleno ordinario de xullo, celébrase a inicios de agosto para agardar polas credenciais dos novos concelleiros do PSOE, tras a dimisión dos dous concelleiros elixidos en 2015, Iñaki Rodríguez e María del Mar Doval. Tras renuncia de sete persoas da candidatura proclamada en 2015, entran a formar parte da… Sigue leyendo Resumo do pleno ordinario: 2 de agosto de 2018

traballo municipal

Resumo Pleno ordinario de novembro de 2017

DECRETOS DA ALCALDÍA DE INTERESE - Prórroga da brigada contra incendios por un mes. - Proxecto de mellora de accesos (plan de Camiños Rurais). - Compromiso de vivendas sociais no terreo do colexio: 8 vivendas con terreo, tipo chalets separados (cesión da parcela ao IGVS). - Contratación dun peón de Protección Civil. RETRASOS NOS COBROS… Sigue leyendo Resumo Pleno ordinario de novembro de 2017

traballo municipal

Resumo pleno ordinario de setembro 2017

O máis relevante dos Decretos da Alcaldía dende a última sesión é a solicitude de novo ARI (Área de Rehabilitación Integral) e a concesión de licencia para as obras de recuperación das pinturas da igrexa de Pinol. En mocións, retiramos a nosa proposta sobre a adecuación do embarcadoiro nos Chancís e na Xabrega, pois está… Sigue leyendo Resumo pleno ordinario de setembro 2017