sanidade, traballo municipal

Agroma Sober apoiamos a folga no Hospital de Monforte

Agroma Sober rexistrará unha moción en apoio ás reivindicacións dos sindicatos e persoal en folga do Hospital de Monforte, en demanda de máis persoal, estabilidade das especialidades e recuperación da área sanitaria de Monforte. Agroma Sober considera que toda a sociedade do sur de Lugo debemos defender a calidade asistencia no Hospital comarcal de Monforte… Sigue leyendo Agroma Sober apoiamos a folga no Hospital de Monforte

Anuncios
política xeral, traballo municipal

A oposición estudamos pedir pleno extraordinario para que a Xunta dea a cara polos ataques ao rural

Os grupos municipais da oposición en Sober, PSdG e Agroma Sober, valora solicitar un pleno extraordinario no Concello se a Xunta non retira o Anteproxecto de Lei de modificación da Lei de Saúde. A Xunta debe enviar a representantes para comparecer nun pleno extraordinario para explicar á veciñanza das zonas rurais, como Sober, a mentira… Sigue leyendo A oposición estudamos pedir pleno extraordinario para que a Xunta dea a cara polos ataques ao rural

traballo municipal

A regla non ten por que doer así: loitemos contra a ENDOMETRIOSE

A corporación municipal de Sober aprobou por unanimidade a moción de Agroma Sober sobre a detección e tratamento da ENDOMETRIOSE. As propostas inclúen unha campaña local divulgativa sobre a enfermidade. A endometriose pode cualificarse como epidemia oculta. Trátase dun tumor benigno dependente de hormonas que afecta en torno a unha de cada dez mulleres en… Sigue leyendo A regla non ten por que doer así: loitemos contra a ENDOMETRIOSE

mocións, traballo municipal

Aprobada moción a prol dos consellos de saúde de área e de Foro polos Servizos Públicos

A corporación municipal de Sober aproba por unanimidade a nosa moción para instar á Xunta á creación do Consello de Área de Saúde (organismo fundamental para a implicación da poboación na política sanitaria) e para apostar pola creación dun Foro polos Servizos Públicos na comarca. No curso do debate, evidenciamos que o PPdG admite que… Sigue leyendo Aprobada moción a prol dos consellos de saúde de área e de Foro polos Servizos Públicos

mocións, traballo municipal

Pola creación do Consello de Área de Saúde e dun Foro de Servizos Públicos na Ribeira Sacra

* Aquí en PDF: moción consello saúde. A loita das xentes do sur lucense pola preservación da capacidade de xestión da súa área sanitaria comarcal, con referencia no Hospital de Monforte, foi moi intensa nos últimos anos, sucedéndose as meirandes manifestacións cidadás das que se ten memoria na zona. A Xunta, gobernada polo PPdG, desoíndo… Sigue leyendo Pola creación do Consello de Área de Saúde e dun Foro de Servizos Públicos na Ribeira Sacra

mocións, traballo municipal

Para que se cubra de xeito estable unha praza de pediatría no Hospital de Monforte

MOCIÓN que presenta a voceira do grupo AGROMA SOBER, Paula Vázquez Verao, diante do Concello-Pleno de Sober para trasladar á Xunta de Galiza que se cubra de forma estable unha praza de pediatría no Hospital de Monforte. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O SERGAS obriga a pediatras do Hospital de Lugo a desprazarse ao Hospital de Monforte… Sigue leyendo Para que se cubra de xeito estable unha praza de pediatría no Hospital de Monforte