traballo municipal

Medidas para a prevención de lumes en Sober

MOCIÓN de AGROMA SOBER sobre medidas para a prevención de lumes. O dispositivo de loita contra o lume en Galiza sigue adoecendo das eivas de anos anteriores: un dispositivo totalmente fragmentado onde nun incendio nos podemos atopar con diversidade de medios privados, de organismos e administracións (Xunta, Concellos e empresas públicas como TRAGSA ou SEAGA),… Sigue leyendo Medidas para a prevención de lumes en Sober

traballo municipal

Petición para corrixir o acabado da estrada Sober-Gundivós-Vilachá

AGROMA SOBER solicitará no pleno que o Concello reclame á Deputación que se corrixa o acabado da estrada Sober-Gundivós-Vilachá, pois quedou perigoso para a condución Recentemente, a Deputación Provincial de Lugo renovou o firme da estrada de Sober a Vilachá Gundivós, de titularidade provincial (LU-P-5904). O acabado resulta perigoso para a condución, ao quedar unha… Sigue leyendo Petición para corrixir o acabado da estrada Sober-Gundivós-Vilachá

mocións, traballo municipal

Para que se cubra de xeito estable unha praza de pediatría no Hospital de Monforte

MOCIÓN que presenta a voceira do grupo AGROMA SOBER, Paula Vázquez Verao, diante do Concello-Pleno de Sober para trasladar á Xunta de Galiza que se cubra de forma estable unha praza de pediatría no Hospital de Monforte. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O SERGAS obriga a pediatras do Hospital de Lugo a desprazarse ao Hospital de Monforte… Sigue leyendo Para que se cubra de xeito estable unha praza de pediatría no Hospital de Monforte

medio rural vivo

Apoio ao sector lácteo galego e traballo en medidas para revitalizar o noso rural

Coincidindo coa manifestación en defensa do sector lácteo galego, dende AGROMA SOBER solicitamos ao Concello de Sober e ao seu Alcalde que se adhira á Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego e que o Alcalde de Sober se sume á plataforma de alcaldes de concellos afectados pola crise do sector lácteo. Ademais, AGROMA SOBER… Sigue leyendo Apoio ao sector lácteo galego e traballo en medidas para revitalizar o noso rural

asembleas

Asemblea aberta: 16 de xullo de 2015

CONVOCATORIA de ASEMBLEA ABERTA da candidatura de unidade popular AGROMA SOBER, conforme aos nosos principios éticos que inclúen o ‪#‎asemblearismo‬: autonomía asemblear local sen supeditación a ningunha forza política; as persoas concelleiras electas responden ante a asemblea local e rinden contas periodicamente; para a pertenza á asemblea con voz e voto é requisito estar censado/a… Sigue leyendo Asemblea aberta: 16 de xullo de 2015

traballo municipal

Información do pleno de Organización do Concello de Sober (xullo, 2015)

O 2 de xullo de 2015 celebrouse o Pleno de Organización do Concello de Sober para a lexislatura 2015-2019. A periodicidade dos plenos será a seguinte: pleno ordinario cada dous meses, o último xoves dos meses impares, ás 20 h en inverno e ás 21 h en verán; xuntas de goberno dúas veces ao mes.… Sigue leyendo Información do pleno de Organización do Concello de Sober (xullo, 2015)